Noticias de Ourense. Novas de Ourense en Radio 5
Martes 10 de marzo. Día da Clase Obreira, que coincide coa suspensión da folga dos traballadores de Forvia. Na súa maioría aceptaron o preacordo negociado entre empresa e representantes sindicais.
As obras na avenida de Portugal están paralizadas. Din dende a empresa que non retomarán os traballos até que o concello pague os tres meses que lles deben, A oposición fala de caos financieiro.
A executiva do PSOE de Barbadás reorganízase para dar comezo a unha nova etapa, logo de que en decembro o alcalde pasara a non adscritos por unha denuncia interna que o sinalaba por presunto acoso laboral.
No tempo da entrevista falamos co escultor ourensán Acisclo Manzano, que amosa 50 pezas como homenaxe ao mestre mateo no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela.