Galicia Informativos Informativo Galicia 8:45 - 14/08/2414/08/2024

Informativo Galicia 8:45 - 14/08/24

A veciñanza de Ares, na Coruña, maniféstase mañá ante os problemas na traída da auga, que se multiplican no verán. A falta de presión interrompe a súa vida ata o punto de que chega a dificultar mesmo o aseo persoal. 

Escoitámolos de seguido... Antes... outros titulares deste mércores, 14 de agosto, con Rosalía Martínez 

- Preocupación polo modelo turístico de Santiago tamén entre a hostalaría. Baixan as pernoctacións aínda que a cidade está chea de visitantes.

- O Concello de Lugo agarda a autorización da Xunta para poder instalar canto antes as ramplas de acceso ao Miño para o baño, despois de remitirlle o informe sobre a presenza dos mexillóns.  

- Nove concellos do rural de Ourense aspiran a fondos europeos para rehabilitar 200 vivendas nos próximos dous anos

Galicia Informativos
Más opciones