Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve
Galicia asume desde mañá, como comezo de xullo, as competencias sobre o litoral. A conselleira de Medio Ambiente subaka que preservar os ecosistemas e o patrimonio ten que ser compatibles coas actividades empresariais e o aproveitamento turístico.
A Xunta activa os niveis de alerta 2 no interior de Galicia e 3 en diversas zonas da provincia de Ourense. Desde este domingo está suspendida toda actividade deportiva federada no exterior.
Onte na capital ourensá rozáronse os 43 graos, pero os termómentos pasaron de 40 en moitos puntos. Esta madrugada, contra as tres, en vigo ou Lousame rexistrábanse 28 graos.
E, continúa a influencia anticiclónica, pero con diferencias significativas de temperaturas máximas entre o interior e a costa, por mor das brétemas.
Antes de detallar a previsión, comprobamos como abre o día nas principais cidades.