Bos días. O mieloma múltiple é o segundo tumor hematolóxico máis frecuente en Galicia, agora os doentes contarán con máis terapias avanzadas das chamadas CAR-T tras un investimento da Xunta de 100 millóns de euros. Suporá un investimento de case 400.000 euros por paciente.
É un dos acordos que deixou o Consello da Xunta, Alfonso Rueda tamén confirmou que a Xunta seguirá adiante coa tramitación de Altri. O PSdeG pídelle un cambio de rumbo, considera que é inviable seguir co proxecto ó carecer da autorización para a conexión eléctrica que precisaba.
E teñan precaución se circulan polo túnel de San Pedro, na provincia de Lugo. Desde as sete desta mañá, e ata o venres á unha, permanece cortada a calzada dereita sentido A Coruña, entre os quilómetros 432 e 435. Está habilitado un itinerario alternativo.