Informativo Galicia 7:45 - 30/09/24
A Xunta anuncia que o ano que vén terá lista unha compañía pra comercializar a enerxía en sectores estratéxicos e particulares de zonas que acollan eses proxectos. Foi unha das decisións anunciadas tra-lo retiro do executivo esta fin de semana en Sober. Para a oposición é unha medida que favorecerá ós sector privado.
Ata Sober desprazáronse Viticultores da Ribeira Sacra pra denunciar a falta de medidas da Xunta pra compensar ó máis de medio milleiro de produtores ós que non se lles recolleu a uva neste a campaña.
E hoxe están en Galicia tres ministros, a de Defensa, o de Agricultura e Pesca e a de Inclusión.
Deportes. O Celta salva un punto en Balaídos; o Racing perdeu en Córdoba. Na ACB, victoria do Leyma Coruña no debut ante o Real Madrid e derrota do Breogán en Bilbao.
O piloto lucense Jorge Prao revalida o título mundial da categoría reina de motocrós.
O tempo. tra-lo paso dunha fronte de madrugada quedamos nunha situación intermedia e con circulación do suroeste, agardando a chegada doutra pola noite