Informativo Galicia 7:45 - 29/05/25
Os prezos disparados da vivenda en Galicia atopan o seu primeiro obstáculo na Coruña. A cidade herculina xa ten o visto bo da Xunta -pese a que mantén a súa oposición- para ser declarada como zona de mercado residencial tensionado. Cumpre os requisitos e o seguinte paso será obter o aval do Goberno central.
Tamén a Coruña, pero a Universidade -a UDC- é protagonista nas últimas horas. A decisión de implantar o grao en medicina no 2027 non gusta nin ás outras universidades, nin á Xunta. Esta mañá haberá unha reunión de urxencia do Consello de Docencia Clínica.
E hai enfrontamento entre Goberno galego e estatal a conta da acollida de menores migrantes. O Ministerio de Infancia trasladou que a nosa comunidade ten máis de 600 prazas aínda dispoñibles.