Informativo Galicia 7:45 - 28/05/25
A oficialidade do galego nas institucións da Unión Europea terá que agardar. A reticencia dalgúns países membros obrigou a aprazar a votación. Moitos ministros argumentan cuestións económicas para rexeitar a implantación doutras linguas en Bruxelas. Desde Galicia, a Xunta comparte esa postura, algo que lle afean os partidos da oposición.
Tamén enfrontamento a conta da persoa designada para dirixir a CRTVG. Concepción Pombo compareceu en comisión parlamentaria, último paso antes da votación no pleno. Ela mesma, e o PP, defenden a súa traxectoria e experiencia na dirección, a oposición cre é parte do control político da radiotelevisión pública galega.
E a chegada de dez grandes industrias a Galicia, en perigo pola falta de boas conexións eléctricas. Argumenta Alfonso Rueda que o goberno central debe avanzar en subministración e equipamento de evacuación de potencia. De contado o escoitamos.