Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 27/05/2527/05/2025

Informativo Galicia 7:45 - 27/05/25

Compostela convértese na segunda cidade galega en solicitar a declaración de zona de vivenda tensionada, despois de que A Coruña dese primeiro o paso. Todo para conter os prezos: un dos principais portais inmobiliarios cifra nun 27 por cento a suba dos alugueiros nos últimos tres anos en Galicia.

A primeira reacción da Xunta xa adianta que non o goberno galego non está dacordo cos termos da petición de Santiago.

Todo nun día no que está previsto que pase a disposición xudicial o detido por intentar matar a súa exparella en Verín. Ela segue estable dentro da gravidade.

Esta mañá pendentes de Bruxelas. A Unión Europea estudará se o galego, o catalán e euskera se converten en linguas oficiais na UE. A postura da Xunta é que hai outras prioridades, o BNG afea a cargos do PP as trabas para elevar a nosa lingua en Europa.

Saiban por certo que desde hoxe está prohibida a queima de restos agrícolas e forestais para os particulares. Decisión da Xunta tras analizar a situación meteorolóxica, na que se constata un aumento das temperaturas.

Nos deportes, a tenista galega Jessica Bouzas ganou á estadounidense Emma Navarro, top 10 do mundo, en Roland Garros

Galicia Informativos
Más opciones