Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 27/02/2627/02/2026

Informativo Galicia 7:45 - 27/02/26

Amencemos este venres con outra nova arredor de Altri en Palas de Rei. O alto tribunal galego obriga á Xunta a manter a protección ambiental nos terreos onde estaba proxectada a macrocelulosa. Responde así a un recurso da organización ecoloxista Adega.

Pulo á construción de vivenda en Galicia. 2 mil vivendas, a maioría públicas, están xa proxectadas no barrio vigués de Lavadores.

En Ferrol, bombeiros desta cidade e da comarca piden máis persoal e reforzos de seguridade tralo acontecido a semana pasada no incendio do barrio de Recimil.

As últimas horas deixan un falecido en Santiago. Un home perdeu a vida tras ser atropelado na vía Edison, no polígono do Tambre.

Nos deportes, o Celta avanza a oitavos da Europa League tras vencer ó Paok grego

Galicia Informativos
Más opciones