Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 26/05/2526/05/2025

Informativo Galicia 7:45 - 26/05/25

Amencemos pendentes da muller atacada en Verín pola súa parella. Permanece hospitalizada tras reciber varios disparos. A vítima ten 35 anos e foi trasladada ó Alvaro Cunqueiro vigués. O home xa está detido. A parella ten tres fillos en común.

E a semana comeza con novidades no eido sanitario. Galicia amplía a vacinación fronte ó virus do papiloma humano a homes de ata 21 anos.

En Muxía, un home de 47 anos perdeu a vida este domingo tras caer dunha moto de auga. Un mariñeiro zarpou coa súa embarcación pra rescatalo, e foi trasladado ó porto, pero os servizos de emerxencia xa non puideorn salvalo

Nos deportes, segue a festa en Vigo trala clasificación do Celta pra Europa League.

Galicia Informativos
Más opciones