Galicia InformativosInformativo Galicia 7:45 - 26/03/2626/03/2026
Informativo Galicia 7:45 - 26/03/26
Críticas á decisión da nova presidenta da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de remudar a dous dos maxistrados da sala terceira, un deles Luis Villares sinalado tanto pola patronal como pola Xunta como o causante da paralización de ducias de proxectos eólicos.
Sanidade... hoxe de novo folga en primaria... neste caso convocada pola CIG; mentres no ministerio este xoves negociarase a demanda dos médicos de contar cun Estatuto propio.
E, no Parlamento o presidente da Xunta, tra-las críticas recibidas, anuncia que disporán de 150 millóns para facer fronte ós efectos da guerra.
O tempo. Con algunhas nubes ó norte, despexado no resto e temperaturas con mínimos cambios