Galicia InformativosInformativo Galicia 7:45 - 21/05/2521/05/2025
Informativo Galicia 7:45 - 21/05/25
Estamos pendentes do estado da muller ingresada nun hospital de Vigo despois de tirarse pola ventá do seu domicilio no Barco de Valdeorras. Todo apunta a que escapaba da súa parella. O home está detido á espera de pasar a disposición xudicial. E, en Vigo produciuse outra detención por outro caso de violencia de xénero: neste caso está acusado de prender lume en Tomiño á casa na que se atopaba a súa muller e a filla.
No Parlamento, hoxe continúa o pleno coa sesión de control. O martes o conselleiro de Sanidade anunciou novidades en procesos de vacinación.
O tempo. Mantense o predominio das altas presións, pero, no terzo norte, a xornada comeza con nubes baixas e mesmo con algún orballo