Informativo Galicia 7:45 - 20/06/25
Mellor sintonía entre a Xunta e o Goberno central en materia de vivenda. As dúas administracións dispostas a negocia-la proposta do ministerio pra cofinancia-la construcción de vivenda pública. A vindeira semana terá lugar unha reunión pra tratar de avanzar nun acordo.
O Supremo devolve ó concello de Santiago as esculturas do Mestre Mateo, en mans da familia Franco.
E, o veciño de Pontevedra que estaba atrapado en Teherán dende o pasado venres conseguiu saír do país. Fini Díaz puido contactar coa familia para informa-la de que foran evacuados en autobús ata Armenia pra voar desde alí a España a onde se agarda que chegue pola tarde.
O tempo. De novo hoxe con brétemas no litoral e nubes de evolución pola tarde no interior. As temperaturas con poucos cambios e marcadas diferencias entre o interior e a costa. Esta madrugada, por exemplo, 26 graos no Courel; 12 en Cotobade.