Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 20/03/2520/03/2025

Informativo Galicia 7:45 - 20/03/25

A Xunta insiste en que non pode acoller ós máis de 300 menores que polas súas contas lle corresponden conforme ó novo reparto que propón o goberno para alixeirar a situación en Canarias e Ceuta e darlles unhas condicións dignas os nenos e adolescentes. A oposición pidelle o presidente Rueda que non use ós menores como arma política.

Sobre Altri... o ministro de Industria di que analizarán o proxecto como calquera outro pero sinala que o proxecto actual pouco ten que ver co inicial. E pesimismo dos traballadores de Alcoa sobre o futuro da factoría.

A noite deixanos unha morea de pequenos incidentes, a maioría pola caída de pólas e árbores e telladoso que voaron. Case todos concentrados na provincia de Pontevedra.

O tempo. A primavera empeza as 10 da maña e faino con moito vento que irá amainando co avance do día. Nas Neves rexistrouse un refacho de 136 km/h. Prevese unha xornada con máis nubes que claros... a chuvias serán máis frecuentes á noite. As temperaturas van ir baixando, agora moi altas...

Galicia Informativos
Más opciones