Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 20/02/2620/02/2026

Informativo Galicia 7:45 - 20/02/26

A folga de médicos provocou ata o mércores a suspensión de 600 cirurxías en Galicia. En total 25 mil actos médicos. E falta por sumar o impacto de dous días, o último hoxe. E, en dez días está convocada outra folga en Galicia, neste caso polos problemas en atención primaria.

A Xunta busca unha fronte das comunidades ante a modificción do regulamento de costas que promove o Goberno. Transición ecolóxica quere impedir a prórroga automática das concesións pra cumprir cos requerimentos de europa.

E, os mariscadores de Noia deciden non retomar a campaña extractiva porque case todo-los moluscos están mortos.

Deportes. O Celta encarrila a eliminatoria da Europa League tras gañar 1-2 en Grecia

O tempo. xa a influencia anticiclónica e sen chuvias.. Hoxe aínda con máis nubes no oeste e bancos de néboa no interior. Pero despois de moito tempo poderemos disfrutar unha fin de semana primaveral, sol e temperaturas de ata 20 graos

Galicia Informativos
Más opciones