Informativo Galicia 7:45 - 19/08/25
Algúns dos grandes incendios comezan dar signos de agotamento, como o de Chandrexa. Pero non é o caso do que comezou a semana pasada en Larouco e que avanza en Valdeorras e cara o Courel. Xa son 70 mil as hectáreas queimadas só nos incendios activos. Vai camiño de convertirse no peor ano desde 1989.
Unha queixa xeneralizada... a falta de medios...son os veciños os que defenden as casas.
Os equipos de extinción vense superados con equipos imcompletos polas baixas.
Moitos días con lume que deriva en problemas en moitos servizos como auga e luz: mentres, continúa suspendido o AVE entre Galicia e Madrid desde a semana pasada.
O tempo...
Continúa a circulación do noroeste que achega algo de humidade, que se notará máis nas provincias atlánticas e menos onde fai falta no sur de Lugo Ourense. Iso sí, as temperaturas seguen baixando, aínda que hoxe xa se notará menos. lixeiro descenso. Vento frouxo de compoñente norte, con intervalos moderados ao sur