Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 19/06/2519/06/2025

Informativo Galicia 7:45 - 19/06/25

Alfonso Rueda disposto a negociar agora a proposta sobre vivenda presentada polo goberno na conferencia de presidentes celebrada a primeiros de mes en Barcelona.A conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, xa lle enviou un carta neste sentido a Ministra, Isabel Roríguez. As dúas vanse ver hoxe en Santiago nunha visita a unha promoción de vivenda pública.

E recollemos as criticas dos taxistas polo funcionamento sen licenza de UBER: a alcaldesa da Coruña critica a a indiferencia da Xunta

O tempo. Hoxe con máis inestabilidade con neboas no litoral, que refrescarán algo a temperatura nas zonas costeiras, e chuvascos treboentos pola tarde ó leste da provincia de Ourense. Onte na capital ourensán aínda se rozaron os 39 anos e hoxe non quedará moi lonxe. Pouco antes das sete en Samos ou Monforte rexistrábanse 26 graos

Galicia Informativos
Más opciones