Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 19/01/2619/01/2026

Bo día, a frota galega permanece hoxe amarrada. O sector pesqueiro para en espera do resultado da reunión que terán as confrarías en Madrid coa secretaria xeral de pesca. Agardan cambios na obriga de ter un diario electrónico a bordo.

En Ourense, a nacional 120 segue bloqueada polos tractores dos gandeiros que protestan contra o acordo da Unión e Mercosur.

Na provincia da Coruña, nova xornada de folga no transporte de viaxeiros por estrada. Por certo, as últimas horas deixan accidentes de tráfico con dúas persoas liberadas polos bombeiros en Foz -pola colisión de dous vehículos- e Bergondo tras un impacto entre un camión e un coche.

E nos deportes, vitoria do Celta 3 a 0 ante o Raio Vallecano.

Galicia Informativos
Más opciones