Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve
A Comisión Europea deu a razón á plataforma cidadá En Colectivo e considera a prórroga da concesión a Audasa da AP-9 aprobada por o goberno de Aznar como ilegal. Di que debería terse realizado mediante un concurso e non prorrogada ata 2048 de xeito automático. A oposición asegura que se abre así a porta á gratuidade da Autoestrada do Atlántico pero o Ministerio de Transportes avanza que recorrirá a decisión europea e segue a apostar polas bonificacións ás peaxes.
E a Xunta segue a defender que non pode acoller máis menores migrantes. O anuncio de inasistencia á Conferencia Sectorial da Infancia das comunidades do PP -incluida Galicia- fixo que finalmente non se celebrara...
O tempo. Aumenta a inestabilidade sobre todo no noroeste da Comunidade con chubascos pola tarde.