Ata 2030 non poderá haber novas plantacións de eucalipto, aínda que a Xunta establece excepcións: así admite que se poida usar para replantar terreos afectados coa enfermedade da banda marrón.
Hoxe a Xunta aproba o anteproxecto de orzamentos pra 2026: Rueda segue facendo anuncios, o último a rebaixa do imposto na compra de vivendas pra familias monoparentais. O BNG critica a estratexia propagandística do executivo.
Susto en augas de Angola tra-lo incendio dun pesqueiro propiedade dunha armadora de Ribeira. Os tripulantes, catro galegos, puideron poñerse a salvo grazas a un cayuco que se atopaba cerca.
Extinguido o incendio da Gudiña tras queimar 43 hectáreas que hai que sumar ás 70 que xa arderon na mesma zona a principios de semana.
O tempo. Seguimos baixo influencia do anticiclón, as chuvias anúnciase pra o domingo.