Informativo Galicia 7:45 - 16/05/25
A Xunta considera que a nova conferencia de presidentes será unha nova oportunidade perdida porque non está previsto falar de financiamento. A cita dentro de tres semanas en Barcelona.
Rematou se éxito o rexistro dun mercante no porto de Vigo no que se buscaba droga e hoxe pasarán a disposición xudicial os considerados autores dunha ducia de roubos violentos nos concellos de Beariz e Avión.
Temos que lamentar dous mortos nas estradas: no concello pontevedrés da Cañiza, unha muller de 73 anos morreu e outra, de 52, quedou ferida, tras ser atropeladas por unha furgoneta de reparto. E, o conductor dun turismo morreu de camiño ó hospital tras un choque e Ribadeo, na nacional 634.
O tempo. Recuperamos a influencia do anticiclón. Destaca a suba das temperaturas que xa na fin de semana van rondar os 30 graos