Informativo Galicia 7:45 - 16/04/25
A vindeira semana celebrarase o debate do estado da autonomía, pero este martes a Xunta xa fixo un balance triunfalista do primeiro ano de xestión, de política útil, en palabras de Alfonso Rueda. A oposición critica o que denomina acto propagandistas pagado cos cartos dos galegos. Lamenta que se esquecera de multitudinarias manifestacións coma de Altri. Distintas organizacións denuncia que a moratoria na platación de eucalipto no é real e que será peor se de instala a celulosa en Palas.
O tempo. Vaise ir retirando o aire frío de xornadas pasadas e quedaremos cunha situación meteorolóxica algo máis estable, pero pola mañá aínda continuarán os chuvascos. Á tarde vanse abrir máis claros. As temperaturas seguen baixas: esta noite o valor mínimo rexistrouse en Baltar, 0 graos