Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 15/01/2615/01/2026

Informativo Galicia 7:45 - 15/01/26

A primeira xornada de folga médica deste 2026 deixa centos de operacións reprogramadas, unha folga que continúa este xoves. É un folga nacional contra o Estatuto Marco do Ministerio, pero desde Galicia o conselleiro de Sanidade comprométese a solucionar as eivas que están en man da administración autonómica.

Outro punto de actualidade está no financiamento autonómico. O conselleiro galego de facenda trasladou en Madrid o rexeitamento de Galicia á contía proposta polo Goberno. Miguel Corgos fala directamente de cantidades decepcionantes.

As últimas horas deixan o achado do corpo sen vida dun sexaxenario desaparecido en Dumbría. Os servizos de emerxencias atopárono nun río, na zona de Chaín, tiveron que rescatalo os Bombeiros pero o home xa falecera.

E teñan precaución na costa, está baixo aviso de temporal todo o litoral galego, máis risco na provincia da Coruña e Rías Baixas

Galicia Informativos
Más opciones