Informativo Galicia 7:45 - 14/01/26
Comeza unha nova xornada de folga médica a nivel estatal contra o estatuto marco do Ministerio de Sanidade. Unha demanda que en Galicia se suma ás esixencias do colectivo á Xunta como a aplicación do acordo de urxencias ou a regulación das gardas localizadas. Teñan en conta que as súas citas se poden ver alteradas durante o día.
Outro punto de atención é o económico. Ás dez e media pleno do Consello de Política Fiscal en Madrid coa participación do conselleiro galego de Facenda. Miguel Corgos insiste en que a cantidade que lle correspondería a Galicia no novo financiamento autonómico non cubre os servizos básicos, como precisamente a sanidade.
E estamos moi pendentes dunha operación contra o tráfico de drogas en Vigo. Hai cinco persoas detidas por un cargamento de 200 quilos de cocaína localizados nun barco no porto vigués. Nuns minutos escoitamos máis detalles.
Ademais, nas últimas horas unha muller foi evacuada por inhalar fume tras sufrir un incendio na cociña da súa vivenda en Bueu.
Nos deportes, eliminado o Depor da Copa do Rei tras perder 0-1 ante o Atlético de Madrid.
E no tempo arestora xa quedaron desactivados os últimos avisos por temporal costeiro.