Galicia InformativosInformativo Galicia 7:45 - 13/08/2513/08/2025
Os incendios seguen cebándose con Ourense. Nos últimos días levan queimadas máis de 6 mil hectáreas na provincia na que está en vigor o nivel 2 de emerxencias. Este martes numerosas aldeas na Mezquita, Oimbra ou Trives, víronse ameazas polo lume. Na Mezquita foi necesario evacuar unha residencia de maiores. Tres brigadistas resultaron feridos en Oimbra.
O lume obrigou a paralizar o tráfico ferroviario coa meseta durante seis horas e obrigou a realizar cortes en numerosas estadas entrelas a AG-53 e a A-52.