Informativo Galicia 7:45 - 13/05/25
Ás dez da mañá remata o prazo para que os grupos parlamentarios presenten candidato ou candidatos á dirección dos medios publicos de Galicia. Veremos se os contactos da pasada xornada permitiron chegar a unha proposta de consenso.
A asociación galega de dependencia cuallifica de chapuza o sistema que a Xunta puxo en marcha co comezo do ano pra axilizar os procedementos de valoración.
En Sanidade, os sindicatos demanda unha reunión urxente co conselleiro, sinala que a situación comeza a ser insostible.
E, as estradas deixannos unha víctima mortal na provincia de Lugo.
Foi nun accidente no concello de Xermade. Unha muller de 27 anos faleceu na parroquia de Candamil trala saída de vía do vehículo que conducía o seu marido, de 35. O coche acabou caendo por un barranco. Tres persoas resultaron feridas, a parella da víctima, que tivo que ser trasladada en helicóptero ó hospital da Coruña, e dous fillos menores.
Deportes. Nova xornada de Liga, a antepenúltima, o Celta xoga en San Sebastián co obxectivo de manter o séptimo posto ou incluso subir ó sexto.
O tempo. Continuamos baixo a influencia das baixas presións, pero hoxe prevense menos precipitacións e máis probables no norte