Informativo Galicia 7:45 - 13/01/26
A tractorada en protesta contra o acordo de libre comercio da Unión e Mercosur sitúase agora na Ronda da Muralla de Lugo, tras varios días coa A52 bloqueada en Ourense. O sector agrogandeiro ten o apoio do BNG, tamén do PP galego que pide máis medidas de protección. Os socialistas insisten, pola contra, en que ese acordo ten máis beneficios que prexuízos e insiste en que a produción que chegará aquí de Mercosur non chegará nin ó 2 por cento de vacún.
Na actualidade política, o Consello da Xunta deste luns deixo o anuncio do Goberno Galego de avanzar na limitación do uso de pantallas fóra do horario escolar.
Na provincia da Coruña, continúa a folga no transporte de viaxeiros por estrada.
E nos deportes, vitoria do Celta 0-1 fronte ó Sevilla.
Martes hoxe que comeza con aviso amarelo en todo o litoral