Galicia InformativosInformativo Galicia 7:45 - 11/11/2511/11/2025
Sanidade mostra a súa disposición ó diálogo para tentar evitar a folga prevista pra dentro de quince días en atención primaria. Pero, de momento, non hai data pra unha xuntanza.
Mentres o BNG insiste en demandar un SERGAS social e vai enmendar os orzamentos da Xunta pra sumar máis fondos ós servizos sociais.
E, en Ourense continúa o enfrontamento entre medio ambiente e a confederación hidrográfica sobre as medidas pra evitar danos polas chuvias nos montes queimados.
Deportes. Hoxe os cinco equipos galegos coñecerán o emparellamento na próxima eliminatoria de Copa.
O tempo. Destaca o vento. Hai avisos por fortes refachos en terra e laranxa na costa atlántica. A cambio, temperaturas mínimas máis altas.