Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 11/05/2311/05/2023

Manuel Baltar e Gonzalo Pérez Jácome, presiddente da deputación e alcalde de Ourense son os protagonistas destas horas previas ó comezo da campaña electoral para as eleccións municipais do día 24.

Baltar porque ten cita no xulgado da Pobra de Sanabria por un presunto delito contra a seguridade vial e Pérez Jácome porque a fiscalia abriu unha investigación tra-la publicación de varios videos que poñen en dúbida a súa xestión.

A campaña electoral electoral arrinca esta medianoite cos líderes dos tres principais partidos en Galicia, Alfonso Rueda, Ana Pontón e Valentín González Formoso, acompañando ós seus candidatos á alcaldía de Santiago.

Pero antes do comezo oficial da campaña, o presidente do PP de Galicia estará con Manuel Baltar nun acto no concello ourensán de Pereiro de Aguiar

Galicia Informativos
Más opciones