Informativo Galicia 7:45 - 10/03/26
Custes maiores e afeccións na actividade comercial. O ataque de Estados Unidos e Israel contra Irán está a ter consecuencias xa na economía galega. Afecta a todos, tamén ós consumidores.
Hoxe reúnese a mesa de apoio loxístico á empresa pra avaliar o impacto da guerra e posibles medidas.
No pleno do parlamento, BNG e PSdeG presentaron dúas propostas de declaracións institucional contra a guerra, pero semella que ningunha vai sair adiante porque require o apoio unánime dos grupos.
Segue a folga de médicos en atención primaria e como medida de presión, o sindicato convocate anuncia que os facultativos van deixar de facer horas extra nos hospitais.
O tempo. Hoxe case sen chuvias e cunha lixeira suba das temperaturas máximas