Informativo Galicia 7:45 - 09/06/25
Alfonso Rueda encabezou a delegación galega que se sumou a manifestaicón convocada polo Partido Popular para pedir ó goberno o adianto electoral...Para o presidente do PP galego a situación é insostible.
O PSdeG lamenta que Rueda priorice os intereses de Feijóo e non os dos galegos e pon como exemplo que non aceptase o plan de vivenda que propuxo Pedro Sánchez na conferencia de presidentes.
Hoxe entra en vigor a nova oferta de Renfe no corredor de alta velocidade entre Galicia e Madrid. E outra novidade que se van atopar, neste caso os usuarios de media distancia, desapsrecen os controis de equipaxe.
Das estradas..temos que lamentar a morte dun motorista en Padrón nun choque contra un turismo.
No tempo. Mantémonos na influencia das altas presións. Destaca o ascenso xeneralizados das temperaturas, por riba dos 30 graos en boa parte de Galicia.... pero que en Ourense van estar máis cerca dos 40.....