Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 08/05/2508/05/2025

Informativo Galicia 7:45 - 08/05/25

Continúan os reproches á conselleira de política social polos argumentos empregados para rexeitar os reparto de menores migrantes. O Foro galego de inmigración acusáa de racismo por falar da creación de guetos. Fabiola García deféndese, di que o que queren é evita-los e por iso rexeita a proposta de reparto do ministerio.

Non se aplaca a tensión polos cambios introducidos nas transaccións que se realizan na lonxa de Silleda: os compradores mantéñense firmes, sinalan que non participaran coas novas condicións; os xestores aseguran que a verdadeira causa e a posible suba de prezos.

E, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, desprazouse a Turín pra reunirse hoxe con responsables europeos do grupo de automoción Stellantis pra defender o bo facer do sector en galicia.

O tempo. Aumenta a inestabilidade. Pola tarde prevense chuvascos fortes no interior. As temperaturas entre 20 e 25 graos

Galicia Informativos
Más opciones