Bos días. Enfrontamento entre Xunta e PSdeG a conta da posta en marcha da licitación da prolongación da autovía da Costa da Morte. Os socialistas consideran que o proxecto dos populares non cadra co plan inicial e aproveitaron para pedir a gratuidade na AG-55 entre A Coruña e Carballo.
Tamén protagonismo para a sanidade. Nas últimas horas o persoal do Hospital da Coruña denunciou o colapso vivido nas últimas horas nas Urxencias.
Novo capítulo na mobilización agrogandeira de Ourense contra o acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur. O sector conseguir reunirse co delegado do Goberno, que se comprometeu a informar de avances e instará á Xunta a mellorar as súas condicións.
No tempo hoxe activarase o aviso laranxa por temporal costeiro na Mariña e noroeste da Coruña