Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 07/12/2307/12/2023

Falece unha muller en Nogueira de Ramuín, tras ser atopada aínda con vida nun camiño. Presentaba signos de violencia, estaba medio espida. Morreu unha vez no hospital. De 62 anos e nacionalidade ucraína, vivía co seu marido británico. Non hai persoas detidas de momento, todas as hipóteses están abertas, incluída a violencia de xénero.

De contado máis detalles. Outro suceso, de menor entidade, en Mondoñedo. Ferido un cazador tras recibir un disparo accidental.

Nas últimas horas protagonismo tamén para a política. As negociacións entre Podemos e Sumar en Galicia para concorrer xuntos ás eleccións galegas están interrompidas trala separación no Congreso, pero a formación morada dá autonomía ás delegacións autonómicas para tomar as súas propias decisións.

Nos deportes, derrotas do Deportivo e do Arenteiro na Copa do Rei; vitoria do Lugo. Hoxe xogan Celta e Racing de Ferrol

Galicia Informativos
Más opciones