Galicia InformativosInformativo Galicia 7:45 - 07/11/2507/11/2025
Galicia seguirá tendo unha única facultade de Medicina, pero Vigo e A Coruña compartirán con Santiago o segundo ciclo da carreira e asignarán a metade do profesorado. O prceso de descentralización deberá estar concluído no inicio do curso 28/29.
Outro acordo... este pon fin a folga dun mes dos radiólogos do hospital de Vigo que provocou a suspensión de tres mil probas.
E, homicidio en Vigo... unha muller está detida por acoitelar a un home.. os dous adoitaban durmir, xunto a outros sinteito, na antiga estación de autobuses de Vigo.
Deportes. O Celta suma o terceiro triunfo... o primeiro fora de Balaídos... Gañou en Zagreb ó Dínamo por 0-3, vantaxe que xa logrou no primeiro periodo do partido.