Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 07/10/2507/10/2025

Informativo Galicia 7:45 - 07/10/25

Nas próximas horas podería estar xa de volta en Santiago a avogada e activista da Summud Flotilla, Sandra Garrido, a única galega que quedaba retida en territorio israelí. Esta pasada noite aterraba en Baraxas xunto a outro grupo de cooperantes.

Mentres aquí en Galicia a Xunta anunciaba que presentaría alegacións á condonación da débeda aprobada polo goberno central. Cren que a medida non implica máis capacidade real de gasto.

E das últimas horas trascenderon dous sucesos, un posible atropelo mortal en Cee, e un atraco nun banco do Porriño, de seguida damos os detalles...

Nos deportes, Negreira-Real Sociedad ou Puerto de Vega-Celta, son algúns dos duelos da primeira ronda da Copa do Rei

Galicia Informativos
Más opciones