Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 07/09/2307/09/2023

Nueva Pescanova pretende prescindir dun cento de traballadores nas oficinas de Chapela e Madrid. En plena negociación dabanca pra vender a unha firma canadense o 80 por cento da compañía, a dirección presenta este ERE.

E a catro días pra o comezo do curso escolar a Xunta, ante as críticas dos sinddicatos, mantén que non hai reducción de profesores. Pero en moitos colexios hai protestas e en varios da Costa da morte xa anuncian un boicot ó inicio das clases.

E saiban que continúa a busca de dous homes desaparecidos en Abadín e Pol. Primeiro, de 82 anos está en paradoiro descoñecido desde o luns. A desaparición do segundo, de 72 anos, foi comunicada este martes.

O tempo.

Hoxe agardamos nubes de tipo medio e alto; chuvascos treboentos pola tarde no interior e temperaturas sen cambios.

Galicia Informativos
Más opciones