Noticias de Galicia en RNE y R5
Péchase unha fin de semana cargada de politica na que Núñez Feijóo reforozou o seu liderado no PP e mantén unha ampla presencia de galegos na dirección; e, entre os socialistas, os galegos respaldaron no comité federal a Pedro Sánchez.
Os estudantes que van entrar na universidade coñecerán mañá o primeiro listado de admitidos. O reitor de Santiago defende en Radio Nacional unha lista única pra tóda-las facultades de España, como xa se fai en Galicia.
A primeira operación saída do verán deixanos dous accidentes mortais; dous motoristas. Foi como consecuencia de senllos choque contra dous coches en Ortigueira e Riós. Catro pilotos faleceron en catro días.
Deportes. Jessica Bouzas disputa ás dúas os oitabos de fnal de Wimbledon.
O tempo. Pola mañá aínda estrá o ceo cuberto con algunha chuvia febel no norte. Pero a medida que avance a mañá abriranse claros.. no sur quedrá despexado. As temperaturas hoxe por debaixo dos 30 graos en toda Galicia.