Informativo Galicia 7:45 - 07/01/26
O Porriño e Marín non esquecerán facilmente os seguintes números: 6703 e 45.875. O primeiro e o segundo premio do Neno deixan un regueiro de millóns de euros na provincia de Pontevedra, con décimos soltos repartidos polas outras provincias. Galicia tivo este ano moita máis sorteo neste sorteo que en 2025.
Á marxe da lotaría, xa escoitamos o posicionamento de Alfonso Rueda respecto a todo o que está a pasar en Venezuela. Ve este movemento dado por Estados Unidos con optimismo e aposta por unhas eleccións democráticas.
As últimas horas deixan un incendio en Ferrol, nunha vivenda do centro. O lume comezou nunha sartén esquecida ó lume. Dous mozos rescataron a dúas veciñas e sacáronas do edificio, non resultaron feridas.
No tempo hoxe xa non hai avisos da Aemet por baixas temperaturas ou neve.