Informativo Galicia 7:45 - 06/06/25
As explicacións do presidente da Xunta sobre a xestión do caso Alfonso Villares -investigado por agresión sexual- non convence á oposición. BNG e PSdeG non entenden os aplausos dos populares a Villares nin a intención de Rueda de recuperalo para a vida política nun futuro, dando por sentada a súa inocencia. Socialistas e nacionalistas tamén piden unha investigación sobre a filtración da identidade da denunciante. Advirten: pode afastar a outras mulleres a denunciar.
Hoxe o presidente da Xunta asiste en Barcelona á Conferencia de Presidentes.
E o Colexio de Avogados advirte dun posible colapso nos xulgados galegos trala aprobación en Consello de Ministros de dous xulgados de violencia machista novos en Galicia, que suporá a eliminación de dous de instrución.
E quedaron en liberdade os cinco detidos na operación contra a droga no Salnés. Están investigados por un delito contra a saúde pública