Informativo Galicia 7:45 - 05/09/25
A Xunta desprega estes días a súa acción en torno as oficinas abertas pra xestionar as axudas polos danos dos incendios. Hoxe, por exemplo, téñeno na súa axenda os titulares de Medio rural, emprego ou presidencia, antes tamén o fixeron as conselleiras de Vivenda e Medio Ambiente. O propio presidente da Xunta estará nunha explotación gandeira en Quiroga.
Pero o que se agardan son as medidas que vaia propoñer o executivo tra-la crise incendiaria de agosto. A secretaria xeral do PP apuntou por onde poden ir os anuncios de Rueda a vindiera semana no Parlamento. Agora a escoitamos.
O tempo. Recuperamos a influencia do anticiclón e vaise producir un ascenso moderado das temperaturas. En Ourense xa van pasar de novo dos 30 graos, pero o domingo xa volven as chuvias