Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de RTVE
Sae adiante o teito de gasto das contas de 2026. 14 mil millóns de euros que obtiveron o voto favorable do PP, a abstención do deputado de Democracia Ourensana e o 'non' de PSdeG e BNG.
Antes, no Consello da Xunta, Alfonso Rueda anunciou a autorización de dous novos parques eólicos: os primeiros trala sentenza europea que avalou as tramitacións da administración autonómica contra a opinión das organizacións ecoloxistas.
En canto ós incendios, controlado o de Vilardevós, en Ourense, o meirande deste verán en Galicia. A superficie afectada non aumentou, segue en 570 hectáreas queimadas. Ó darse por controlado, está no paso previa á extinción. En Ponteceso, controlados os lumes de tres parroquias, estabilizado -un nivel anterior- o do lugar de Brantuas.
Vaga de lumes que cadra cos días máis calor, a Xunta mantén hoxe o nivel máximo -vermello- no litoral de Pontevedra e en Valdeorras. Un nivel menos -laranxa- no Miño de Pontevedra e no Suroeste da Coruña. Recoméndase moita protección, sobre todo a persoas de risco.