Informativo Galicia 7:45 - 05/03/26
Tras tres días de folga en Atención primaria e a suspensión de máis de 5 mil consultas diarias, a consellaría convoca a unha reunión ó sindicato médico convocante pra tratar de alcanzar un acordo.
Ás portas do día da muller a CIG lembra que a metade das traballadoras, cos seus únicos ingresos, estaría en risco de pobreza.
E, a Federación Galega de Municipios e Provincias propón unha reforma do financiamento local que permita ós concellos participar máis tanto dos ingresos estatais coma dos autonómicos.
O tempo. Entra unha fronte que vai provocar un cambio significativo. Nubes, chuvias que a partir da tarde se van ir estendendo a toda a comunidade e descendo notable das temperaturas máximas. No mar, aviso amarelo por vento do norte forza 7