Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 05/01/2605/01/2026

Primeiros días de xaneiro con vellas reivindicacións. Na última década duplicáronse as solicitudes para acceder a axudas por discapacidade na nosa comunidade, que acumula máis casos que a media española. Familias e entidades insisten na dificultade das tramitacións de todo o relativo ó recoñecemento do grao de dependencia.

Estamos pendentes de dous detidos por violencia de xénero en Pontevedra. Ademais na Coruña está prevista esta mañá a celebración dun xuízo por unha agresión sexual a unha menor.

As últimas horas deixa dúas persoas trasladadas ó hospital por inhalación de gases en Lalín a causa dun incendio nunha vivenda. O lume comezou nunha manta eléctrica e provocou unha pequena deflagración nunha estufa de butano. Teñan precaución, houbo máis dunha quincena de incendios urbanos esta fin de semana en Galicia.

Nos deportes, o Deportivo empatou a dous co Cádiz en Riazor.

E esta mañá estamos moi pendentes do tempo. A Aemet activou o aviso amarelo por frío no sur de Ourense, e por neve na montaña de Lugo. Ata o de agora a temperatura máis baixa rexistrouse hai pouco máis dunha hora en Cabeza de Manzaneda: 8,9 graos baixo cero.

Galicia Informativos
Más opciones