Galicia InformativosInformativo Galicia 7:45 - 04/08/2504/08/2025
Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de RTVE
Estabilizado o incendio forestal de Vilardevós, máis de 500 hectáreas queimadas, preto desa cifra no concello coruñés de Ponteceso, con focos en catro parroquias nas últimas horas. Parte da veciñanza continúa arestora sen liña telefónica.
Todo nunha xornada na que a cita está no Parlamento co debate do teito de gasto. Nos vindeiros minutos escoitaremos ademais á conselleira de Política Social, que pasou polos micrófonos de Radio Nacional. Fabiola García promete máis investimento para o servizo de axuda no fogar.
Nos deportes, ouros para Adrián Ben e Belén Toimil no Campionato de España de Atletismo, e a tenista Jessica Bouzas avanza de rolda en Montreal.