Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve
Co comezo de xullo aumenta as protestas polos recortes de persoal sanitario. En Lugo, queixas en Viveiro, A Pontenova ou Parga...O BNG esixelle á Xunta un reforzo da atención primaria.
Pendentes da decisión que adopte a autoridade xudicial sobre os seis detidos tra-la lea do martes en Ribeira.
E, aínda hai 45 persoas hospitalizadas pola intoxicación alimentaria de hai unha semana nun festival en Oza-Cesuras.
Ás tres da tarde ponse en marcha unha operación especial de tráfico con motivo da primeira saída de vacacións do verán. As horas previas déixanos dous motoristas, de 27 e 38 anos, mortos en Lugo e Rianxo.
O tempo. O vento aínda vai ter protagonismo hoxe no litorala norte; as temperaturas volven a subir e, en Ourense, os termómetros volverá a rondar os 35 graos.