Informativo Galicia 7:45 - 04/06/25
Continúa a operación contra o tráfico de drogas no Salnés. Hai xa media decena de persoas detidas tras efectuar rexistros en vivendas de Vilagarcía. Pode haber máis arrestos.
A comunidade terá catro novas seccións xudiciais de violencia de xénero, foron aprobadas polo Consello de Ministros. De contado escoitamos a reacción da Xunta.
E despois das peticións das comunidades do PP para modificar a orde do día da Conferencia de Presidentes do venres, o Goberno central acepta. Desde Galicia, Alfonso Rueda quería poñer sobre a mesa a acollida de migrantes, as infraestruturas industriais ou as necesidades en materia ferroviaria.
Nos deportes, o Parrulo venceu a El Ejido na Malata. Loitará polo ascenso á Primeira División do fútbol sala