Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 04/03/2604/03/2026

Informativo Galicia 7:45 - 04/03/26

O impacto de Mercosur en Galicia na axenda do presidente da Xunta en Bruxelas. Alfonso Rueda, tras reunirse co comisario de Agricultura, valora que se reforcen as inspeccións. Comisario co que non puido reunirse a nacionalista Ana Pontón que atribúe a suspensión da xuntanza as presións do PP.

Agrávanse os problemas na atención primaria, agora coa suspensión de consultas pola folga dos médicos. E, no Parlamento, o PP rexeita a proposta do BNG pra cubrir o posto de adxunto á Valedora do Pobo.

O tempo. Continúa o tempo seco e solleiro, aínda amencemos con algunhas brétemas costeiras e bancos de neboa no interior. As temperaturas volverán a pasar dos 20 graos en moitos puntos

Galicia Informativos
Más opciones