Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 03/10/2503/10/2025

Bos días. Baixo o lema 'Israel criminal, non se ven as sancións a Israel', colectivos sociais, sindicatos, estudantes e veciñanza piden unha reacción ós políticos e esixen a liberación dos tripulantes dos barcos humanitarios interceptados polo goberno israelí, entre os retidos hai dous galegos.

Hoxe día de folga dos médicos en todo o país, en Galicia haberá concentracións a partir das 11 fronte ós hospitais contra a reforma do seu Estatuto Marco.

Saiban tamén que a circulación de trens entre Lugo e Ourense reabre este venres, logo de repararse os danos causados por un incendio forestal na infraestrutura o pasado 18 de setembro.

Nos deportes, vitoria do Celta na Europa League. Venceu 3-1 ó Paok grego en Balaídos.

Galicia Informativos
Más opciones