Informativo Galicia 7:45 - 02/07/24
O presidente Rueda xustifica os peches nalguns consultorios médicos pola falta de facultativos, unha medida que lembra xa se adoptou outros anos. Hoxe a plataforma Sos sanidade pública ten previsto anuncia mobilizacións polas listas de espera nos centros de saúde e o peche de camas.
Este martes, Galicia e o norte de Portugal unirán forzas para demandar ós respectivos gobernos un compromiso coa execución da alta velocidade entre Vigo e Porto.
E as probas de acceso á Universidade son un novo enfrontamento do PP e o goberno. As comunidades nas que gobernan os populares van coordinar unha exame común. A Xunta di que se respetarán as peculiaridades de Galicia.
O tempo.
Poucos cambios coas altas presións centradas ao oeste dos Azores